Coida o teu cabelo sen saír da casa
"Ofrezo servizos de perruquería a domicilio en Pontevedra, adaptados ás túas necesidades"
Noelia Nuñez
Os meus servizos
Ofrezo servizos de peluquería a domicilio adaptados ás túas necesidades, para que poidas coidar do teu cabelo con comodidade e atención personalizada. O meu obxectivo é que te sintas ben contigo mesma e luzas un cabelo san, bonito e coidado.
Cortes de pelo
Ofrecemos cortes de pelo personalizados adaptados ao estilo, á forma do rostro e ao tipo de cabelo de cada persoa. Analizamos o teu cabelo e asesorámoste para conseguir un resultado que sexa favorecedor, moderno e fácil de manter no día a día. Tanto se buscas un cambio de look como simplemente refrescar o teu corte actual, traballamos con técnicas profesiionais para conseguir un acabado natural, equilibrado e cheo de movemento.
Recollidos e peiteados
Realizamos recollidos e peiteados para todo tipo de ocasións, desde estilos naturais e elegantes ata propostas máis elaboradas para eventos especiais. Adaptamos cada peiteado ao tipo de cabelo, ao estilo persoal e ao momento para o que o necesitas. O obxectivo é conseguir un resultado harmonioso, duradeiro e que resalte a túa imaxe con naturalidade.
Uñas e manicura
O servizo de manicura está pensado para coidar e embelecer as túas uñas, mantendo sempre un acabado limpo, elegante e duradeiro. Trabállase con produtos de calidade e técnicas profesionais para conseguir unhas mans coidadas e bonitas. Desde manicuras naturais ata estilos máis personalizados, o obxectivo é que as túas uñas luzan saudables e perfectas.
Tratamento de hidratación
Os tratamentos de hidratación capilar están deseñados para recuperar a suavidade, o brillo e a vitalidade do cabelo. Son ideais para cabelos secos, apagados ou danados polo uso de ferramentas de calor ou tratamentos químicos. A través de produtos específicos e técnicas profesionais, conséguese nutrir o cabelo en profundidade e mellorar o seu aspecto de forma visible.
Alisado
O alisado capilar é un tratamento pensado para reducir o encrespamento e conseguir un cabelo máis liso, suave e fácil de peitear. Este servizo axuda a controlar o volume e mellorar a textura do cabelo, aportando brillo e unha aparencia máis coidada. O resultado é un cabelo máis disciplinado e cómodo de manter no día a día.
Outros servizos
Ademais dos servizos de perruquería, tamén ofrecemos tratamentos de estética pensados para completar o coidado persoal. Entre eles inclúense a depilación de cellas e do labio superior, realizada con precisión para resaltar a expresión do rostro, así como servizos de maquillaxe adaptados a diferentes ocasións. Estes tratamentos están deseñados para realzar a beleza natural e conseguir un aspecto coidado, equilibrado e favorecedor.